Monday 29 de April de 2024

Alternativa pide que se detalle o convenio asinado para 200 postos de traballo en Cambre


Dende o mes de marzo que dende o Concello de Cambre se ven anunciando o convenio asinado coa empresa Profand, que producirá un centenar de postos de traballo, dos que un 50 por cento serán en exclusividade para a veciñanza de Cambre.

Alternativa no seu día solicitou o convenio establecido con dita empresa e recoñece un certo sensacionalismo nos anuncios que fai o goberno local prometendo traballo ás persoas desempregadas.

Xa que nada se sabe de que postos se van a demandar, de cara a que a veciñanza se poida axustar á demanda (unha das premisas para garantir que os postos sexan para veciños e veciñas de Cambre é que se axusten aos perfís profesionais), nin de datas, nin de que investimento se vai a a facer dende o

Concello (Xa porán instalacións para a selección de persoal e incluso farán un primeiro sondaxe para dita empresa).

Polo que Alternativa pedirá información concisa para que á veciñanza interesada se poida preparar para ter acceso a ditos postos.